CLUB NÁUTICO DE ORTIGUEIRA

Instalacións náuticas
2489

Localización

Rúa: Peirao Deportivo s/n

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 40' 57.0" N - 7º 51' 11.0" W
+34 981 422 482
+34 629 840 276
+34 982 422 482

Navegación

Aproximación de noite: Pola dificultade de entrada e escaseza de balizas luminosas non se recomenda a entrada de noite se non se coñece á perfección esta ría ou non se navega coa axuda dun práctico ou mariñeiro da zona. É preferible buscar abrigo no veciño porto pesqueiro de Cariño á espera de que amañeza.
Para recalar no porto de Cariño vindo do E navegaremos á procura da luz de Estaca de Bares (GpD(2)B 7,5s 101m 25M). Superada esta navegaremos cara á luz do Cabo Ortegal (OcB 8s 124m 18M) ata ter á vista pola amura de babor á luz verde (DV 2s 14m 3M) do crebaondas do porto de Cariño. Nese momento poremos rumbo cara a ela á procura de abeiro. O porto de Cariño é amplo, profundo, ben resgardado e con espazo para fondear.
Vindo do W navegaremos á procura da luz do faro do cabo Ortegal (OcB 8s 124m 18M) afastándose da costa para evitar os illotes dos Aguillóns. Superada esta, comezaremos a caer a estribor á busca da luz verde do extremo do crebaondas de Cariño (DV 2s 14m 3M).
Aproximación de día: O Porto Deportivo de Ortigueira encóntrase na enseada de Santa Marta, ao fondo da ría de Ortigueira, situada entre o cabo Ortegal e Estaca de Bares.
A barra situada entre a punta do Fraile e a Illa San Vicente rompe sempre con algo de mar de fondo e en baixamar, así que procederemos ao inicio da preamar, de día e sempre con bo tempo, ollando desde a distancia onde rompe e onde permite o paso para que unha vez superada a barra comecemos a navegar pola canle en dirección á punta Sismundi. Navegaremos próximos á costa W da enseada ata que teñamos a punta Fornelos ao S verdadeiro, momento no que navegaremos cara a ela ata ter ao través a bocana do club náutico.
Hai que ter moi en conta que na canle sóndanse mínimos de 1,60 m, e que na data na que foron tomados estes datos non se encontraba balizada adecuadamente.
As correntes de marea dentro da canle poden ser moi fortes, chegando á acadar un máximo de 11 nós fronte á punta Sismundi. En caso de necesidade non haberá máis que separarse desta cara ao E para que a corrente diminúa o seu efecto, aínda que sempre vixiando a sonda.
O único perigo algo separado de terra entre o Cabo Ortegal e Estaca de Bares son as Pedras Meas, situadas a 0,7 M ao 330º da Punta Bandeixa. Entre estas e terra sóndanse 11 m, e por fóra delas máis de 15 m.

Características

Calado bocana (m): 3.5
Anchura bocana (m): 35.00
Calado dársena (m): 2.5
Nº de amarres fixos: 130
Nº de amarres transeuntes: 40
Máxima eslora recomendada (m): 13.00
Grúa (tn): 10.00

Cartas náuticas

I.H.M.: 4084,931
SHOM: 7598
Admiralty: 1108,1111,1122

Servizos das instalacións

Acceso restrinxido a pantaláns
Aparcadoiro
Auga en amarre
Iluminación nocturna
Luz en amarre
Mecánico motor e electricista
Radio (VHF 9)
Recollida de lixo
Teléfono público
Tenda de efectos navais
Vixilancia
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba