IGREXA DE SAN SALVADOR DE PEDROSO

Relixioso
1315
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pedroso (San Salvador)

Lugar: O Carballo

15587  Narón - A Coruña

Coordenadas:
43º 32' 09.9" N - 8º 06' 30.9" W

Descrición

Igrexa situada nun ámbito rural. Planta rectangular. Única nave lonxitudinal. A fachada principal concentra a ornamentación, mostrando un claro xogo de simetrías que inciden na división da fachada en tres panos, prolongándose o pano central pola torre-campanario, que culmina nunha cúpula rematada en pináculos. Muros de carga de cachotería exceptuando os esquinais e os ocos, que presentan pedra á vista.

O cruceiro sito no adro, é o único de Narón que presenta a particularidade de dispor dun pousadoiro construído en pedra serpentina ou toelo, das canteiras de Moeche.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!