Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: MUSEO VALLE-INCLÁN&body=Recoméndoche que leas a información MUSEO VALLE-INCLÁN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso?langId=gl_ES%26cod_rec=369%26ctre=78
Praza do Cantón da Leña. Torre de Bermúdez s/n
15940 A Pobra do Caramiñal - A Coruña
O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal é a institución valleinclaniana decana do país. Ten por sede a Torre de Bermúdez, arquitectura civil de deseño clásico, construída no século XVI polo círculo de colaboradores do gran mestre do renacemento ibérico Rodrigo Gil de Hontañón. Declarada Monumento Histórico-Artístico de carácter nacional en 1976 e Ben de Interese Cultural de Galicia.
Nas súas seis salas reúne mobles e obxectos persoais do universal escritor galego, obras das belas artes, manuscritos, primeiras edicións e exquisiteces bibliográficas, vestiario de teatro, pinturas, gravados, esculturas, caricaturas de iconografía valleinclaniana, etcétera. Dispón de un amplo auditorio e promove cada outubro as Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán (25 edicións en 2023).
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.