PR-G 94 RUTA DOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Sendeirismo
20114
No Camiño de Santiago

Localización

O Rosal - Pontevedra

Coordenadas:
41º 57' 23.1" N - 8º 50' 13.8" W

Descrición

Esta pequena ruta fará gozar ó visitante dun atractivo percorrido polos coñecidos muíños do Picón e do Folón, hoxe declarados Bens de Interese Cultural. Estas construcións, situadas dentro deste municipio de fermoso e fragante nome, aséntanse nunhas ladeiras que serven de magnífico miradoiro sobre O Rosal.

Os muíños destacan pola impoñente marabilla de enxeñería tradicional que amosan, así como polo seu aparentemente fráxil equilibrio sobre as costas onde se atopan. Ademais a súa contorna, coidada con esmero, permite ver multitude de especies vexetais especialmente favorecidas pola bonanza do microclima da zona.

Na procura dos antigos sons das moas e dos rodicios, os camiñantes poderán acadar, dende as alturas, unhas magníficas vistas de singular beleza sobre o monte Santa Tegra e sobre o Miño.

Acceso

Pola PO-552 de Tui á Guarda, desviarse pola PO-3302 ata O Rosal. Dende O Rosal accédese ata a Ponte das Penas seguindo as múltiples indicacións na estrada en dirección aos Muíños do Folón.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Un plus

A excepcional calidade do viño e a profusión do cultivo de flor e plantas ornamentais nesta zona, son froito do seu especial microclima. Así as Rías Baixas son o lugar da costa do norte de España con maior número de horas de sol, con veráns cálidos pero non abafantes, con escasas precipitacións estivais e con leves diferenzas de temperatura do día á noite.
Pero Galicia non ten un só clima. Pola súa situación xeográfica, situada entre influencias atlánticas, continentais, subtropicais e polares, e pola súa orografía bastante complexa, existen moitos microclimas nas catro provincias.

Lonxitude

3,5 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Ponte das Penas.
Punto de partida: A Ponte das Penas - UTM:29T X:513600 Y:4645160

Percorrido

A Ponte das Penas - Molinos del Picón - Molinos del Folón - A Ponte das Penas.

Dificultade

Fácil

Duración

1 hora.

Servizos

En San Miguel de Rosende.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 299-I Tomiño

Máis información

Concello do Rosal
Tel.: 986625000
concellodorosal@concellodorosal.es
www.concellodorosal.es
www.orosal.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba