mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: RÍO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN&body=Recoméndoche que leas a información RÍO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso?langId=gl_ES%26cod_rec=38036%26ctre=10%26volverFicha=true
A Fonsagrada | A Pontenova | Baleira | Negueira de Muñiz | Ribadeo | Ribeira de Piquín | Trabada
Coordenadas:
43º 11' 27.9" N - 7º 09' 38.9" W
Descrición
Unidos polo río
Fonteo, nomunicipio de Baleira, é como evidencia o seu nome
un inicio. A fonte do Eo recolle as augas damontaña e comeza
un camiño de pouco menos que oitenta quilómetros ata o
Cantábrico. Axiña se verá rodeado de extensas carballeiras e
recibirá achegas doutros ríos. Primeiro o Rodil, que baixa das
terras de Burón, nome histórico da área da Fonsagrada; logo o
Turia, procedente da comarca asturiana dos Oscos, que se
xunta ao Eo na Pontenova. E xa veñen logo os afamados coutos
pesqueiros de Abres (Asturias). Pasarelas e pontellas permiten
situarse no medio do río e gozar das estampas fluviais en
ribeiras ás veces fortemente encaixadas e remansos.
O salmón segue a ser o rei do río. Na súa audaz viaxe polo
océano, algúns ata as costas de Canadá e Grenlandia, para
retornar ás augas doces do seu nacemento encerra unha
aventura natural que os ríos cantábricos transmiten con forza.
Eo pertence a esta emoción. Paisaxes líquidas e unha luz
especialmente sensible as tonalidades verdes.
O curso final é unha sucesión de meandros suxeitos
paulatinamente á influencia dasmareas. Desde a localidade da
Veiga/Vegadeo o val inundado convértese nun grande esteiro
con xunqueiras onde pasan o inverno continxentes de anátidos
e outras aves que aquí atopan refuxio durante os temporais.
Acceso
As vías principais son ademais da autovía
transcantábrica A-8, as estradas N-634 (A
Coruña-Santander) e N-640 (Lugo-Oviedo). A
estrada LU-740 (A Fonsagrada-A Pontenova) e
a estrada local a Ribeira de Piquín desde a
N-640 (na Pontenova) permiten achegarnos ao
curso alto do Eo e varios afluentes......
Situación
No límite da comunidade autónoma de Galicia e o Principado de Asturias. Sete concellos galegos: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz; e sete asturianos: Castropol, Vegadeo, Taramundi,San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos.
Camiños de Santiago
Camiño do Norte
Camiño Primitivo
Situación
No límite da Comunidade Autónoma de Galicia
e o Principado de Asturias. Sete concellos
galegos: Ribadeo, Trabada, A Pontenova,
Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada,
Negueira de Muñiz; e sete asturianos:
Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de
Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de
Oscos e San Martín de Oscos.
Superficie
158.883 hectáreas das cales 108.007 ha na
parte galega.
Servizos
Aloxamento: Si.
Comer: Si.
Sen pérdida
A localidade galega de Ribadeo e as asturianas de Castropol e Vegadeo/A Veiga concentran a maior parte da poboación. Son o acceso a puntos turísticos como o treito costeiro e as praias tamén incluídas dentro da Reserva (Ver Monumento Natural A Praia das Catedrais).
Existen dúas excelentes maneiras de coñecer a diversidade paisaxística da zona. Unha é percorrer a Vía Verde do Eo que recuperou once quilómetros do histórico trazado ferroviario vinculado ás minas do ferro. O punto de partida da ruta está ao pé das vellas chemineas dos fornos da Pontenova. Para acompañar o río atravésanse varios húmidos túneles e pontes colgantes ata o lugar do Cairo, onde ao Eo lle entra a présa por chegar a San Tirso de Abres, meta da Vía Verde.
A importancia do tren do ferro rexorde en Ribadeo, recuperando o antigo percorrido ata o Cargadoiro, próximo á fortaleza de San Damián. Todo nun paseo marítimo ata o límite de Illa Pancha.
Información e equipamentos
Centro de Interpretación do Río Eo e do bosque de A Marronda