COLEXIO DE NOSA SEÑORA ANTIGA

Relixioso
3936
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Campo da Compañía 2

27400  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 05.9" N - 7º 31' 00.9" W
+34 982 400 450

Descrición

Tamén é coñecido como Colexio do Cardeal Rodrigo de Castro, o seu fundador. Sobre a porta pódese ler a seguinte inscrición en latín: "Rodrigo de Castro Cardenal Arzobispo de Sevilla, dona a la Compañía de Jesús, para uso de la juventud, templo y colegio consagrados a la Virgen María". A súa edificación comezou no ano 1593, estando a obra a cargo de varios arquitectos xesuítas, e se completou despois de tres séculos de traballos, en 1913.
Pertence ao estilo denominado Renacemento de Herrara. As súas liñas e grandiosidade (mide 110 metros de lonxitude) lembran ao Mosteiro do Escorial. A súa fachada é simétrica e monumental. A disposición da escaleira da entrada é de especial interese, pois non se aprecian puntos de apoio na estrutura e os banzos son unha única peza de granito. Conta con dous claustros neoclásicos. Nos seus muros obsérvanse os escudos do Cardeal, dos Condes de Lemos, da Casa de Alba e dos Padres Escolapios, responsables da finalización da obra.
A igrexa, de planta en cruz latina, componse de nave central e dous laterais, comunicados entre si. Na cúpula aprécianse os danos causados polo terremoto de Lisboa de 1753. Este templo acolle o sepulcro e unha estatua do fundador, realizada en bronce polo italiano Juan de Bolonia.
Un dos principais atractivos da igrexa do Colexio é o retablo barroco de Francisco Moure, iniciado en 1625. Nesta talla en madeira de nogueira represéntanse seis escenas da vida de Xesús, así como as imaxes da Nosa Señora da Antiga e San Ignacio de Loyola. Consta de dous zócalos ou bases e tres corpos superpostos. Cada nivel está dividido en tres por columnas corintias. Trátase dun conxunto impresionante, decorado de forma esmerada e de excepcional valor.
No museo do Colexio, antiga sancristía, consérvanse, entre outros, cadros do Greco e de Andrea del Sarto. Ao primeiro pertencen "San Lorenzo" e "San Francisco", mentres que ao segundo debemos "Santa Margarita de Cortona", "Santa Inés", "Santa Catalina de Alejandría", "San Pedro" e "San Juan Bautista". Ademais, gárdanse obxectos persoais e libros que pertenceron ao Cardeal.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Renacentista

Orden Relixiosa

Escolapios
Xesuítas
Arriba
Axúdanos a mellorar!