CAPELA DE SAN CARALAMPIO

Relixioso
7329
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Grove (San Martiño)

Lugar: Illa da Toxa

Rúa: Illa da Toxa s/n

36989  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 29' 02.0" N - 8º 50' 47.0" W

Descrición

Capela construída no s. XIX con planta de cruz latina e nave única. O trazo máis destacable é estar enteiramente cuberta de cunchas de vieira, dende a súa base ata o campanario. Atópase rodeada de xardíns e no entorno do Gran Hotel e balneario da Toxa.
Anteriormente estivo dedicada a San Sebastián pero na actualidade tras unha reforma colócase como imaxe principal a Virxe do Carme. Nesta capela dáse culto o famoso San Caralampio, un mártir do s. III, que é patrón das enfermidades da pel, de aí o patronazgo e culto neste lugar especial de augas termais como terapias para curar a pel nos balnearios desta illa da Toxa, de aí que a xente, dende moi antigo, acode a esta capela pedindo a protección deste Santo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba