IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO

Relixioso
1338
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arcade (Santiago)

Lugar: A Calle

Estrada de Soutomaior 41

36690  Soutomaior - Pontevedra

Coordenadas:
42º 20' 25.0" N - 8º 36' 06.9" W

Descrición

Igrexa parroquial construída nos últimos anos do século XII. De factura románica, a primitiva igrexa áchase moi reformada, conservándose soamente a portada occidental e a ábsida de planta rectangular en estilo románico. Percíbense claramente as dúas etapas construtivas, da ábsida por un lado, co seu arco triunfal de medio punto, a súa decoración de billetes, dentes de serra e temática na decoración dos capiteis e canecillos dun románico de plena época, mentres que o arco apuntado da portada e a sinxeleza da súa decoración, nos falan dun tránsito cara ao estilo gótico, dunha época posterior e diferente taller. Sobresaen tamén no conxunto as columnas entorchadas da súa fachada occidental así como os diferentes canecillos e capiteis decorados a base de motivos vexetais, zoomorfos e historiados que se dispoñen naquelas partes máis ornamentadas do Edificio.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba