CAPELA DA ORDE TERCEIRA

Relixioso
1205
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Carlos I s/n

15001  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 08.8" N - 8º 23' 23.7" W

Descrición

Érguese en dúas etapas: a capela entre 1747 e 1753, e a fachada no s. XIX. Unha soa nave moi ancha con ábsida rectangular e unha sancristía pegada ao lado dereito. Muros de cachotería encalada, véndose só nas ventás e nos enmarques dos retablos cachotaría. Destaca o retablo principal, dedicado a San Francisco, aproveitado do que xa existía, do s. XVIII, uníndose así dous corpos que mesturan elementos do século XVIII (columnas salomónicas) e do XIX (volutas, fornela abucinada, etc). Os paneis laterais están dedicados á Inmaculada e a Santo Antonio. A entrada é transversal, pola que se accede tamén ao campanario e á sala capitular. A fachada non posúe nada destacable.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba