IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE HERBÓN

Relixioso
1793
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Herbón (Santa María)

Lugar: A Igrexa

Rúa: Aldea Rego da Manga

15915  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 04.9" N - 8º 37' 41.9" W

Descrición

Construída na segunda metade s. XII, por mandato do arcebispo compostelán Gelmírez. Ten unha nave de planta rectangular. A fachada ten unha portada con tres arquivoltas peraltadas, unha delas con arcos lobulados, sobre seis columnas acodilladas, flanqueadas por dous arcos cegos semicirculares. O conxunto está coroado por unha ventá. Na entrada sur, a porta está enmarcada por arquivoltas semicirculares apoiadas en dous pares de columnas. Hai canecillos sostendo a cuberta e unha inscrición do s. XII nun dos muros. Espadana de dous vans que a circundan.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada cara a Santiago. Á altura do Xardín Botánico vírase á dereita cara a Herbón pola AC -242. Avánzase ata chegar a Herbón e tras 2 km vírase de novo á dereita, na indicación que sinala o mosterio franciscano de Herbón.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba