IGREXA DE SAN BIEITO

Relixioso
1583
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Campo de A Barreira

32660  Allariz - Ourense

Coordenadas:
42º 11' 17.9" N - 7º 47' 56.0" W

Descrición

Situada ao lado do Convento das Clarisas.

Ao exterior presenta unha planta de cruz latina, cos brazos do cruceiro resaltados e presbiterio rectangular. A súa fachada é sinxela, rematada por unha torre campanario de varios corpos, con balcón corrido no corpo de campás e remate en cupulín.

No seu interior son de destacar as cubertas de bóveda de canón, na nave e presbiterio, reservándose para o cruceiro unha maxestosa cúpula que se levanta sobre pechinas. Tamén é de destacar o retablo maior dedicado a Santiago, obra renacentista con claras influencias castelás e datado no século XVI. Diante da igrexa dous cruceiros góticos do século XVI.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba