IGREXA PARROQUIAL DE SAN LOURENZO DE SALVATERRA

Relixioso
994

Localización

Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)

Lugar: O Castelo

Praza do Castelo s/n

36450  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 04' 50.9" N - 8º 29' 44.9" W

Descrición

Sitúase dentro do recinto amurallado. Representa unha bela mostra do estilo renacentista, hoxe convertida en igrexa parroquial cando a súa afastada orixe a sitúa como capela dependente do castelo baixo a advocación de San Lourenzo. Construída no século XIII, foi ampliada no século XVI. Na súa portada conserva unha magnífica reliquia do século XVI. No seu interior destaca o retablo da capela maior datado cara a 1694 así como un fermoso talle do Cristo da Victoria de 1733. Nos anos 70 experimentou un proceso de restauración levado a cabo con grande acerto. Descubríronse arcos ocultos no seu interior e incrustáronse no muro cinco escudos heráldicos salvándoos de posibles roubos.
Arriba
Axúdanos a mellorar!