CAPELA DA NOSA SEÑORA DA FONTE

Relixioso
1493
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pousada (San Lourenzo)

Lugar: Loureiro

15882  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 58.9" N - 8º 22' 13.9" W

Descrición

Construída en época románica. Ten unha nave de planta de cruz latina. Muros de cachotaría granítica e tellado de tella. A fachada ten unha porta enmarcada por unha fornela, unha pequena ventá e está coroada por unha balconada de ferro. Espadaña de dobre corpo coroada por unha cúpula rematada con tres pináculos. Pórtico pegado a un dos muros laterais. No muro do adro hai unha fonte de dous canos á auga dos cales se lle atribúen propiedades curativas.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada en dirección a Vila de Cruces. A catro km a xira á dereita cara a Pousada. Ao chegar a esta parroquia tórcese á esquerda por unha pista que conduce á capela.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba