IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE TEMES

Relixioso
1047

Localización

Parroquia: Temes (Santa María)

Lugar: Temes

27528  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 27' 46.9" N - 7º 45' 15.9" W

Descrición

No lugar existío un eremitorio. O edificio actual foi restaurado a finais do século XVIII, con reformas a principios do XX. Planta rectangular con ábsida e muros de perpiaños e cascote de granito, con dúas portas alinteladas. Cuberta a dúas augas. Arco de acceso de medio punto de aresta dobrada. Ao eliminar o cal da paredes apareceu no muro a tapa dun sarcófago paleocristiano, capiteis e epígrafes. Os retablos son do XVIII os dous de laterais, e o da capela maior do XVII. No lugar onde se atopa a igrexa dise que houbo unha fortaleza, asentada sobre as ruinas dun castro. Está aberta en horas de culto.

Acceso

Á saída de Castro dirección A Barrela, tomar a LU-P 10-04 dirección S. Mamede/ Temes. A 14 km. atópase o recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!