TÚNEL DE MONTEFURADO

Civil
3596
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Montefurado (San Miguel)

Lugar: San Miguel de Montefurado

27320  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 23' 34.9" N - 7º 12' 14.4" W

Descrición

Trátase dun túnel escavado na rocha, xusto onde o río Sil debuxa un meandro. O feito que motivou unha obra de tan enorme proporcións foi a extracción de ouro por parte dos romanos. ¿Como se conseguiría a extracción do rico metal?. Baralláronse dúas hipóteses: 1. - Unha defende a fabricación dun túnel que debía de cumprir tres requisitos fundamentais: ser longo (desta forma dábaselle tempo suficiente ao mineral para depositarse no fondo), profundo (cando máis fondo maior número de depósitos auríferos) e estreitos (o que evita a dispersión do ouro). Unha vez encho o traballo de baleirado e extracción do ouro facíase en seco, desviando o río polo seu curso natural: o meandro. 2. - A outra hipótese avoga pola explotación das areas fluviais (mediante bateo) que se ían concentrando xusto no punto onde o río debuxa o seu meandro. A extracción do ouro realizaríase en época estival, cando o caudal de auga é mínimo, característica que xunto ao desvío do leito do río a través do túnel, facilitarían enormemente os labores de boteo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Patrimonio cultural Civil Arquitectura Civil - Outros
Arriba