Explora O Xurés

Running e saída en kaiak. Estancia en Aviva Sports Center
IVE
Transporte
Seguro de viaxe
¿Só pensas en correr para escapar do día a día e conectar coa natureza?

Programa Completo

Reserva dous días para ti na axenda e escapate a Aviva Center, un complexo especializado en deportes de montaña onde poderás montar o teu campo base e saír a trotar sen que te teñas que desprazar a ningún sitio. Fai o teu check-in á montaña: suxerímosche unha ruta pola contorna do encoro de Salas. E, por que non? Achégate ata á aldea de Cela; logo, se as pernas che piden relax, pregunta polas Pozas da Seima, máis coñecidas por Pozo Negro. Despois será hora de desfrutar das instalacións e dunha cea caseira. Para o día seguinte temos un plan que non vas poder rexeitar: unha saída en kaiak polas augas tranquilas do encoro de Maus de Salas

Servizos incluídos

CEA + 1 NOITE DE ALOXAMENTO + ALMORZO + ACTIVIDAD DE KAIAK
Arriba