As aldeas de O Xurés

Ruta en todoterreo polas aldeas do Xurés. Estancia en Casa da Feira
IVE
Transporte
Seguro de viaxe
Propoñémosche unha forma moi particular de visitar as aldeas escondidas de O Xurés

Programa Completo

Desfruta dunha xornada percorrendo antigos camiños en todoterreo para chegar a aldeas esquecidas e coñecer a tradición do interior destas serras. Xurés Activo ha facerche de guía e, na metade do camiño, ha sorprenderte cun pícnic ao aire libre. Alóxate na Casa da Feira, unha casa rural típica das aldeas de montaña do sur de Galicia, e descubre a experiencia de sentirte como un habitante máis. Pola noite agárdate una cea tradicional. Para te despedires deste marabilloso destino, dedícalle o teu último día á arqueoloxía romana cunha visita ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis

Servizos incluídos

CEA + 1 NOITE DE ALOXAMENTO + ALMORZO + PÍCNIC + RUTA EN TODOTERREO
Arriba