Desafío no bosque

Travesía polo Eume. Estancia en Casa do Campo
32
1
IVE
Transporte
Seguro de viaxe

Programa Completo

Gústanche os retos en plena natureza?
  • Se es dos que lles gustan os desafíos, propómosche un itinerario de 32 quilómetros con máis de 3.000 metros de desnivel que percorre o Parque. Unha actividade esixente na que contarás coa compañía dun guía e un coche de apoio, así como cun avituallamento na metade da ruta. Tras o esforzo, nada mellor que relaxarte e recuperar forzas na Casa do Campo, situada no Val de Xestoso; unha casa rural rodeada dunha contorna privilexiada para perderse entre bosques, ríos e muíños. Ao día seguinte, pon a proba as túas habilidades no campo de obstáculos de Eumenatura. Un espazo ao aire libre con 28 obstáculos onde terás que gabear, escalar, reptar e saltar

Servizos incluídos

1 NOITE DE ALOXAMENTO + TRAVESÍA + COCHE DE APOIO + PÍCNIC + CAMPO DE OBSTÁCULOS
Arriba