Xornada de Ecoturismo

Ofrecémosche nesta actividade guiada descubrir unha aldea nun entorno puramente ecolóxico: a granxa, as súas construcións ecolóxicas, o economuseo, os seus produtos e a súa forma de vida.
IVE
Transporte
Seguro de viaxe

Convidámoste con esta actividade guiada a descubrir un entorno puramente ecolóxico dun modo dinámico, ameno e didáctico e que sen esquecer prácticas ancestrais permitirache reencontrarte co teu pasado e contigo mesmo. Será unha ruta pola granxa familiar onde se produce queixo, iogur e leite fresco ecolóxico, pasando por unha horta basada nunha agricultura respectuosa co medio ambiente.
Comprenderás unha forma de vivir máis saudable coas casas desta pequena aldea de arquitectura ecolóxica feitas con técnicas de bioconstrucción onde a pedra, madeira, vidro, arxila a cal son materiais nobres que predominan. As pinturas empregadas tamén son ecolóxicas e os illantes son de cortiza e fibras vexetais. Cabe destacar o manexo axeitado do espazo interior das casas a través do Feng Shui, da eliminación dos campos electromagnéticos e a utilización de téxtiles ecolóxicos que ocupan o noso espazo vital. Retornarás as túas orixes visitando o economuseo onde terás a oportunidade de experimentar como se vivía na Galicia rural nos anos 1920-1930 nos que a forma de vida era autosuficiente nos tempos preindustriais.
Unha oportunidade única para recuperar prácticas que son cada vez máis importantes debido a situación actual do planeta e unha forma de empregar o pasado como recurso renovable, educacional, científico, artístico, promocional e económico. Rematarás esta actividade cun bo sabor de boca degustando produtos 100% ecolóxicos.

Servizos incluídos

Visita guiada
Degustación de productos típicos
Arriba