Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
O Camiño Portugués de Tui a Santiago de Compostela é a segunda ruta xacobea que máis realizan os peregrinos do Camiño de Santiago. En tan só 5 etapas poderás completar esta ruta con aloxamento no camiño, transporte de equipaxe, asistencia telefónica e todo o necesario para gozar do Camiño con Galician Roots. Á túa chegada a Tui poderás visitar a catedral de Santa María de Tui, a igrexa de San Telmo e gozar dun marabilloso paseo a beira do Rio Miño. Na ruta ademais de gozar do encanto da Rías Baixas descubrirás as localidades de Porriño e Redondela, as cidades de Vigo e Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e finalmente Santiago de Compostela.
Ademais se dispós dalgún día extra propoñémosche visitar o Baixo Miño desde Tui, as Illas Cíes desde Vigo, unha adega nas Rías Baixas dende Pontevedra e unha excursión a Fisterra dende Santiago ao rematar o Camiño de Santiago.
Goza a aventura do Camiño Portugués con Galician Roots!
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.