Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
O monte alberga restos prehistóricos e romanos e a súa historia está rodeada de lendas
Declarado Parque Natural en 1979, o primeiro de Galicia, o Monte Aloia destaca polos 629 metros de altitude do Alto de San Xiao. O enxeñeiro forestal Rafael Areses transformou esta paisaxe hai cen anos cunha exótica reforestación que incluía vexetación autóctona e outras especies, como o ciprés, o abeto e cedros do Líbano, entre outras.
Recomendámosche visitar a Casa Forestal, un curioso edificio que alberga o Centro de recepción de visitantes. O monte alberga restos prehistóricos e romanos e a súa historia está rodeada de lendas, como a que afirma que se trata do mítico Monte Medulio, escenario do suicidio colectivo das tribos celtas antes de caeren nas mans dos romanos.
Na Ermida de San Xiao celébrase unha romaría popular a finais do mes de xaneiro na que a tradición manda subir ao monte dende o municipio de Tui.
Descubre a paisaxe do Baixo Miño ata as Illas Cíes dende as alturas
Non esquezas incluír uns prismáticos na túa visita.
Os seis miradoiros do Monte Aloia non defraudan en días claros. Poderás desfrutar de espectaculares vistas dos vales do Miño e do Louro, da desembocadura do Miño, do monte Santa Trega ou das Illas Cíes.
Varios dos miradoiros destacan polo seu deseño, xa que se construíron varandas de pedra que imitan os troncos das árbores coa intención de fusionarse coa paisaxe que as rodea.
Descubre o pracer de perderte sabendo en todo momento cal é o teu destino
Son percorridos moi sinxelos e fáciles de camiñar.
A senda dos Muíños do Tripes está formada por pasarelas e pontes de madeira que permiten visitar un conxunto de muíños rehabilitados. A ruta Rego da Pedra pódese empezar dende a propia Casa Forestal ou dende a aldea de Frinxo, percorrendo unha antiga canalización de pedra construída para levar auga aos campos de cultivo.
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | |
---|---|---|---|---|
Senda das Udencias | BAIXA | 600 m | 30 min | LINEAL |
Senda botánica | BAIXA | 400 m | 30 min | LINEAR |
Rego de Pedra | MEDIA | 2,4 Km | 1,30 h | CIRCULAR |
Muíños do Tripes | BAIXA / MEDIA | 2,5 Km | 1,30 h | CIRCULAR |
Muíños de Paredes / Muíños do Deique | MEDIA / ALTA | 6,5 Km | 3,30 h | LINEAL |
Castro Alto dos Cubos | BAIXA | 4,5 Km | 2 h | CIRCULAR |
Cabana-Cabaciña | BAIXA / MEDIA | 2 Km | 1 h | CIRCULAR |
A Muralla | MEDIA | 2,5 Km | 2 h | CIRCULAR |
Embárcate nunha viaxe por un territorio compartido polos montes Aloia e Santa Trega, o Mar Atlántico e o río Miño
Propoñémosche un itinerario de tres días que ten como obxectivo final visitar o Parque e poder contemplar dende o seu punto máis alto parte do percorrido que realizaches ata chegar a el. Poderás combinar o coche con curtos percorridos a pé.
O primeiro día visitaremos Baiona e Oia, e finalizaremos na Guarda, no Monte Santa Trega.
O segundo día partiremos cara ao Rosal, sede de varias adegas da D.O. Rías Baixas, e visitaremos as localidades de Goián e Tomiño.
O último día resérvao para visitar a cidade histórica de Tui e o Parque Natural do Monte Aloia.
Centro de Interpretación da Natureza Casa Forestal Ingeniero Areses Frinxo, 37
Pazos de Reis 36715. Tui
T. 886 120 650
Subir ao alto de San Xiao para contemplar a panorámica da desembocadura do río Miño e visitar a cruz construída en 1900 para celebrar o novo século.
Visitar os restos arqueolóxicos deste asentamento prerromano a través dunha ruta de 4,5 quilómetros que empeza na aldea de Frinxo.
Un pequeno itinerario xunto á casa Forestal que mostra con paneis explicativos a diversidade vexetal e ensina a identificar as especies a través de xogos.
Cunha orixinal construción que data de 1921, encontraremos nela unha exposición permanente e extensa información sobre o Parque.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.