Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
Ven coñecer un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa.
Nas súas 9.000 hectáreas de extensión viven menos de 500 persoas, o que dá unha idea do estado virxe destes exuberantes bosques que seguen o curso do río Eume. O Parque ten a forma dun triángulo cuxos vértices e fronteiras son as localidades das Pontes de García Rodríguez, Pontedeume e Monfero.
O río Eume, con 100 km de lonxitude, labra un profundo canón de abruptas ladeiras con grandes desniveis que conservan un espectacular manto vexetal. Carballos e castiñeiros son moi abundantes, acompañados doutras variedades como bidueiros, ameneiros, freixos, teixos, abeleiras, árbores froiteiras silvestres, loureiros, acivros e albedros. Nas ribeiras húmidas e sombrías consérvase unha ampla colección de máis de 20 especies de fentos e 200 especies de liques.
Un simple paseo por este territorio convértese nunha auténtica exploración deste bosque máxico.
Percorre máis de 1.000 anos de historia visitando os mosteiros do Eume
Dende Pontedeume, e seguindo o río a través do coto pesqueiro de Ombre, camiñaremos durante quince minutos ata o cenobio beneditino de San Xoán de Caaveiro.
A entrada é gratuíta e inclúe unha visita guiada. Recoméndase chamar antes de realizar a visita, xa que os seus horarios de apertura varían durante o ano. Na temporada de verán está restrinxido o paso con vehículos, pero existe un servizo de transporte colectivo ata preto do mosteiro.
O mosteiro de Monfero, na parroquia de San Fiz, de orixes románicos, esconde unha magnífica igrexa barroca cunha fachada axadrezada con laxes de lousa.
Ambas as construcións son un exemplo da repercusión que tivo o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago ao atraer as principais ordes monásticas, que deixaron a súa pegada en mosteiros, igrexas e outras construcións relixiosas.
Descubre o pracer de perderte sabendo en todo momento cal é o teu destino
A mellor forma de coñecer o Parque é camiñando pola rede de carreiros existentes, que suma un total de 8 rutas e 60 quilómetros sinalizados.
A ruta dos Encomendeiros permite coñecer as pontes colgantes de Cal Grande e de Fornelos, así como visitar Caaveiro e a ponte medieval de Santa Cristina.
Se queres admirar unha das mellores panorámicas das Fragas do Eume, terás que realizar a ruta dos Cerqueiros, onde poderás desfrutar do miradoiro da Carboeira.
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | |
---|---|---|---|---|
Camiño dos Encomendeiros | BAIXA | 5,5 Km | 2 h | LINEAL |
Camiño da Ventureira | BAIXA | 6 Km | 1,45 h | CIRCULAR |
Camiño Cumios de Sanguiñedo | BAIXA | 8,5 Km | 1 h | LINEAL |
Camiño dos Cerqueiros | BAIXA | 8,5 Km | 3 h | CIRCULAR |
Camiño de Pena Fesa | BAIXA | 10 Km | 1,15 h | CIRCULAR |
Camiño da Pasada Vella | BAIXA | 4,5 Km | 1,30 h | CIRCULAR |
Camiño de Fontardión | MEDIA / ALTA | 15 Km | 3 h | LINEAL |
Camiño dos Corzos | MEDIA | 3 Km | 1 h | LINEAL |
Embárcate na aventura de remar no corazón dun dos bosques climáticos máis extensos de Galicia
A bordo dun kaiak poderás coñecer o Parque dende outro punto de vista ao longo dos 10 quilómetros de lonxitude do río Frei Bermuz ata a súa confluencia co Eume. As augas tranquilas do Eume e a corrente facilitarán a túa travesía a remo, podendo realizar pequenas paradas para gozar da paisaxe.
Podes levar o teu propio material ou solicitar información para alugalo no Centro de visitantes. Esta experiencia, apta para todos os públicos, é ideal para facela en familia.
Centro de Interpretación das Fragas do Eume Lugar de Andarúbel. Estrada de Ombre a Caaveiro, km 5.
15600 Pontedeume.
T. 981 432 528
Centro de Visitantes de Monfero Estrada DP-5003 s/n.
15619 Monfero.
T. 881 063 992
As Fragas do Eume acollen 28 especies de fentos, varias delas ameazadas. Unha planta propia das selvas tropicais que atoparás nos itinerarios que se internan máis polo bosque.
O mellor lugar para contemplar os meandros do río Eume e o Val de Xestoso. Accédese a través da ruta dos Cerqueiros, que parte de Monfero na Portela de Montelongo.
As pasarelas da Figueira e O Fornelo chaman a atención por tratárense de estruturas metálicas colgantes que permiten atravesar o Eume. Podes experimentar a sensación de flotar sobre a auga.
Visitar Caaveiro significa penetrar no corazón do Eume. Un romántico conxunto de edificios monásticos perfectamente restaurados. Monfero ha sorprenderte pola súa espectacular igrexa barroca.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.