Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
O seu nome responde a unha grande aciñeira que disque servía como punto de referencia para os viaxeiros
Quedarás sorprendido polo seu clima mediterráneo e os seus solos calcarios. As augas do Sil deron forma a interesantes paisaxes e elementos froito da erosión, entre os que caben destacar as palas ou covas que forman a maior rede de cavidades de Galicia. Ademais do interese que estas covas teñen para os espeleólogos, os historiadores atoparon nelas restos arqueolóxicos de diferentes civilizacións: da Idade de Bronce, das épocas romana e medieval.
Un dos recursos naturais do Parque, intensamente aproveitado para a actividade económica, foi a pedra calcaria, da que se extraía o cal vivo utilizado na construción como base para a argamasa e para encalar as vivendas.
Deste espazo protexido destacamos os lugares de Covas e Biobra, onde se localiza o Centro de visitantes.
Mira ao ceo e recoñece o valor deste espazo identificando as diferentes especies de aves que o habitan
Quéreste converter nun experto ornitólogo?
Os canóns e cantís fluviais fan do Parque un interesante refuxio de varias especies, entre as que destacan as aves de rapina como o voitre branco, a aguia real e o falcón peregrino, pouco habituais no noroeste ibérico. Os expertos confirmaron que este lugar acolle a maior concentración de aves nidificantes de Galicia, así coma grandes colonias de morcegos nas numerosas covas existentes.
Descarga no teu teléfono móbil a aplicación gratuíta “Birding Galicia” e desfruta das catro rutas que che propoñen neste espazo protexido. Dúas delas poderalas realizar en coche e dous camiñando, para poder iniciarte no mundo da ornitoloxía.
Descubre o pracer de perderte sabendo en todo momento cal é o teu destino
A Ruta Val do Sil, entre Vilardesilva e Covas, discorre pola marxe dereita do río en dirección ao canón fluvial, permitindo descubrir as incribles gargantas que encoran as augas e lles serven de lugar de caza ás aves rapaces.
A ladeira norte dos Penedos de Oulego é unha das panorámicas imprescindibles no Parque e poderás contemplala ao longo da Ruta Tras os Penedos, que arrinca dende a área de descanso de Caprada e se interna nun bosque de densa vexetación ata a base destas formacións rochosas.
Ruta Val do Sil | BAIXA / MEDIA | 5 Km | 1,30 h | LINEAL |
Ruta Tras os Penedos | BAIXA | 1,5 Km | 25 min | CIRCULAR |
Ruta Soutos Baixo Pena Falcueira | MEDIA / ALTA | 3,9 Km | 1,45 h | CIRCULAR |
Ruta do “Caleiro“ | MEDIA / ALTA | 6 Km | 3 h | LINEAL |
Ruta do Real de Oulego | MEDIA | 4 Km | 2,30 h | LINEAL |
Ruta da Vía Romana | MEDIA | 8,6 Km | 3,30 h | CIRCULAR |
Ruta da Ermida de Santo Estevo | MEDIA | 6 Km | 3 h | CIRCULAR |
Ruta das Galegas | MEDIA | 6,8 Km | 3 h | LINEAL |
Ruta das Dúas Vertentes | MEDIA | 4 Km | 1,30 h | CIRCULAR |
Ruta Baixo de Páramo | MEDIA | 4 Km | 2 h | CIRCULAR |
Na primavera recoñece as diferentes especies que florecen ao longo de todo o Parque
O clima mediterráneo e as condicións do solo son os culpables de que na túa visita poidas contemplar unha das maiores concentracións de orquídeas de Galicia.
Acompañados dun guía especializado, convidámoste a descubrir a floración desta planta a través dunha ruta interpretativa para que poidas aprender a identificar máis de 25 especies.
Recomendámosche que escollas as épocas de primavera e verán, cando estas pequenas flores sorprenden pola súa beleza e vistosidade. Entre as diferentes especies, e facilmente recoñecible, figura a ophrys; esta pequena flor simula o corpo dunha femia de abella.
Estas flores, moi recoñecidas no mundo ornamental e tan descoñecidas no forestal, han sorprenderte pola súa exquisita beleza e pola súa maneira de chamar a atención.
Centro de Visitantes do Parque natural Serra da Enciña da Lastra Praza dos Bolos s/n
32004 Rubiá.
Contactar antes:
T. 988 386 376 · 988 386 029
A forma máis fácil de admirar a paisaxe do Parque. Destacan os miradoiros de Caprada en Oulego, Alto da Escrita en Biobra, Tanque de Covas e a Portela en Vilardesilva.
A maior concentración desta planta no territorio galego. 25 especies diferentes que poderás coñecer se contratas os servizos dun guía ou te apuntas ás visitas gratuítas que se organizan nalgunhas ocasións.
Non deixes de achegarte a un terreo próximo ao cemiterio de Covas para admirar unha grande aciñeira que conta co recoñecemento de Árbore Singular.
Visita as aldeas que se atopan dentro do parque ou nos seus límites e que esconden un gran patrimonio etnográfico: fornos comunais, muíños, alvarizas, fontes e lavadoiros, pombais e casas tradicionais.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.