A PENEDA

Áreas de recreo e miradoiros
2839
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Soutomaior (San Salvador)

Lugar: Alxán

36691  Soutomaior - Pontevedra

Coordenadas:
42º 19' 36.5" N - 8º 35' 25.6" W

Descrición

Elevado, cunha sobranceira forma e visible dende grande parte da comarca, o monte da Peneda é un dos lugares máis característicos da contorna da ría de Vigo.

A capela da nosa señora das Neves ou da Virxe da Peneda, datada no século XVII, preside o alto deste curuto de 329 metros e moi fortes pendentes. A edificación ocupa o lugar do castro da Peneda, asentamento que aproveitaba a fácil defensa estratéxica e a amplitude de vistas.

Dende o miradoiro, a carón da súa vella sobreira, divísase a ría de Vigo, dende a súa formación na desembocadura do río Verdugo ata a ponte de Rande, coas illas Cíes ao fondo.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!