MONTE DO FACHO

Áreas de recreo e miradoiros
1601

Localización

Parroquia: O Hío (Santo André)

Lugar: Donón

Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 34.8" N - 8º 51' 39.9" W

Descrición

O Facho de Donón é un punto particular do litoral galego que concentra diversos valores patrimoniais e paisaxísticos. Localizado na Costa da Vela, posúe unha fantástica perspectiva das illas Cíes e Ons e amplas vistas sobre as bocanas das rías de Pontevedra e Vigo.

Fito paisaxístico, sobresae pola súa morfoloxía e concentra un rico legado patrimonial destacando o facho ou faro, pequena construción do século XVII que puido ser tamén posto de vixía. Antigo santuario romano, a súa posición estratéxica provocou diversas ocupacións, incluíndo un poboado castrexo.
Arriba