COMPLEXO ONS - O GROVE

Espazos naturais
2855
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

A Illa de Arousa | Bueu | Cambados | Meaño | O Grove | Ribadumia | Sanxenxo

Coordenadas:
42º 27' 14.9" N - 8º 52' 26.8" W

Descrición

Mar de Arousa
O istmo da Lanzada, ademais de atar O Grove co continente, é o punto de unión de dous ecosistemas de rica biodiversidade marítima. En mar aberto o espazo protexido abraza o arquipélago das Ons cunha grande extensión de augas mariñas (Ver Parque Nacional). Os cetáceos como a toniña ou marsopa, o golfiño e o arroaz teñen presenza común nesta zona. Pola banda interior, abraza unha ampla chaira suxeita ás mareas que nalgúns mapas figura co nome de enseada do Bao, que acolle a Illa da Toxa e as famosa praias do Grove. O complexo intermareal na desembocadura do peculiar río Umia. Un vasto rrecinto de lama, fondos areosos e pradarías de vexetación mariña pousadas no devalo das augas.
O lugar está considerado pola Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) como un dos lugares de invernada e paso de aves acuáticas máis importante do litoral norte peninsular. Elévanse ata quince mil o número de acuáticas invernantes, incluíndo medias de case catro mil anátidos e dez mil limícolas.
O espazo protexido tamén inclúe o treito costeiro exterior da península grovense, entre os lugares de Reboredo e San Vicente do Mar. Aquí figura a lagoa Bodeira, única neste sector litoral das Rías Baixas. Tamén, o ascenso ao monte Siradella, o punto máis elevado que goza desde os seus modestos 159 metros de altitude das mellores vistas a este complexo natural de primeira orde.
No interior da ría, un bo lugar para o paseo é a ruta pola Punta Carreirón, na tranquilidade da illa de Arousa.

Acceso

Autovía do Salnés (AG-41) e estradas desde Sanxenxo (PO-308) e Vilagarcía de Arousa (PO-549) ata O Grove, esta última con desvío á ponte da Illa de Arousa.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Situación

Entre a ría de Pontevedra e o sur da ría da Arousa. Concellos de Bueu, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Ribadumia, Cambados e A Illa de Arousa.

Superficie

LIC: 7.506,75 ha (das cales 5.517 ha son augas mariñas).

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Información e equipamentos

Punto de Información Illa de Ons
Teléfono: +34 986 687 696
Oficina do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Teléfono: +34 986 246 550
Centro de Interpretación de la Naturaleza do Monte Siradella
Teléfono: +34 986 680 284
Enderezo: Monte Siradella, O Grove

Outras características

Avistamento de paxaros
Zona húmida (RAMSAR)
Zona ZEPA
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!