ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE

Espazos naturais
2017
No Camiño de Santiago

Localización

A Coruña

Abegondo | Betanzos | Cambre | Carral

Coordenadas:
43º 16' 59.6" N - 8º 17' 15.1" W

Descrición

O encoro dos ríos Mero e Barcés, a pouco máis de vinte quilómetros da cidade da Coruña, converteuse desde a súa creación no ano 1976 no espello dunha plácida estampa terreal. Benigna no climatolóxico e xenerosa por natureza, a paisaxe ao servizo do abastecemento urbano de augas conseguiu un alto grao de adaptación natural.
Ademais das zonas onde o nivel das augas rolda unha media de seis metros de profundidade, con puntos máximos de quince, formáronse nas colas fluviais senllas áreas pantanosas con prados e bosques inundables de gran valor ecolóxico. O espazo protexido desprégase augas arriba polas ribeiras de ambos os ríos. No corazón de todo isto sitúase a Aula da Natureza de Crendes (Abegondo) con forte vocación de visitas escolares e todo un clásico dos afeccionados á observación de aves.
Próxima tamén está Villa Florentina (981 676 052), a casa museo do escritor Wenceslao Fernández Flórez que inmortalizou a fraga de Cecebre coa novela "El bosque animado".

Acceso

Desde A Coruña, estrada por Cambre; ou varios desvíos na estrada N-VI. A local AC-221 pasa pola presa e cruza o encoro.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Situación

Concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, e Carral, ao sueste da cidade da Coruña.

Superficie

493,41 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Información e equipamentos

Aula de la Naturaleza de Crendes
Teléfono: +34 981 647 916
Enderezo: Abegondo

Outras características

Avistamento de paxaros
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!