A MARRONDA

Espazos naturais
2847
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

A Fonsagrada | Baleira

Coordenadas:
43º 05' 28.2" N - 7º 14' 38.7" W

Descrición

A trinta quilómetros da cidade de Lugo, a fraga da Marronda é unha grande extensión frondosa en excepcional estado de conservación. Considérase a nai de todos os bosques maduros das montañas de Baleira que acompañan o nacemento dos cantábricos ríos Eo e Neira, en Fonteo e A Fontaneira respec;vamente. Á bravura dos cursos fluviais resolta en espectaculares meandros, engádeselle a beleza arborada das ladeiras cubertas de especies caducifolias. Entre elas unha abondosa presenza de faias singular dentro do territorio galego.
Os sendeiros integrados na ruta de Gran Recorrido GR-1 permiten realizar variados i;nerarios sempre suxeitos ás condicións meteorolóxicas estacionais. De doado acceso son as áreas recrea;vas de Fonteo e a de Cortevella cun interesante miradoiro sobre os meandros do Eo.

Acceso

Desde Lugo, con acceso directo na autovía A-6, pola estrada á Fonsagrada (LU-530) e desvío no Cádavo dirección a Meira (LU-750). Outra alternativa desde a N-VI é tomar en Baralla a LU-710.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Situación

Nos concellos de Baleira e A Fonsagrada (Lugo).

Superficie

1.211,97 ha.
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba