RÍA DE FOZ-MASMA

Espazos naturais
646
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

Barreiros | Foz | Lourenzá | Mondoñedo

Coordenadas:
43º 33' 13.1" N - 7º 15' 13.2" W

Descrición

O Masma é un digno representante dos ríos da vertente cantábrica galega. Curto percorrido (46,2 km); nacemento sobre os 900 metros de altitude e forte poder erosivo que se traduce en amplos vales como o de Mondoñedo; galería vexetal autóctona entre bosques de repoboación; e, por último, formación de Rías Altas acompañada na desembocadura de chairas intermareais rodeada de marismas. No caso da ría de Foz, pechada polas praias da Rapadoira, na marxe esquerda, e a praia do Altar, na dereita. O esteiro é un punto de parada migratoria e invernada de aves recoñecido internacionalmente.
Ao redor do río, uno dos grandes na pesca do salmón de Galicia, existen moitas rutas. Unha das máis recomendables, aínda que hai que estar en forma para vencer a subida a pé, é a da pena Cornería (437m). O tesouro está na paisaxe coas panorámicas de todo litoral mariñán. Existen outros miradoiros accesibles como o Pico da Lebre (Foz), e áreas recreativas como a da Fervenza (Viloalle) con piscinas fluviais artificiais nun afluente do Masma próximo a Mondoñedo.

Acceso

Estradas N-642 (Ribadeo-San Cibrao) e N-634 (desde Mondoñedo).

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Camiño do Norte
Camiño do Norte

Situación

Entre A Mariña Central e Oriental de Lugo, nos concellos litorais de Foz e Barreiros e interiores de Mondoñedo e Lourenzá.

Superficie

LIC 575,17 ha das cales 343 ha son augas mariñas.

Outras características

Avistamento de paxaros
Zona ZEPA

Tamén che pode interesar

Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba