PR-G171 RUTA DO RÍO SAN MARTIÑO

Sendeirismo
252

Localización

Meis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 27' 51.1" N - 8º 44' 28.8" W
42º 29' 39.3" N - 8º 45' 30.3" W

Descrición

Interese naturalista / Interese paisaxístico

Sendeiro da rede de Rutas do Salnés que comparte algúns tramos coa ruta 6 do Centro de BTT O Salnés, polo que ambos percorridos poden ser combinados para os usuarios da bicicleta.

A primeira parte do percorrido ascenderemos á ladeira do monte A Escusa dende onde se divisa a Ría de Arousa.

Despois dun tramo camiñando por pistas forestais comezaremos a descender seguindo o curso do río San Martiño, un pequeno canle que serpea entre as rocas creando coloridos recunchos. Conta a lenda que os musulmáns botaron a este río, no lugar coñecido como O Pozo Negro, as campás que roubaron da igrexa de San Salvador de Meis, descubertos os culpables, o pobo obrigoulles a recuperalas perecendo varios no intento.

O último tramo da senda, aínda seguindo o curso do río, é completamente chan.

Relaxarémonos camiñando entre os viñedos de uva albariña e os milleirais, pasando polas igrexas de San Salvador de Meis e San Martiño de Meis.

Acceso

No lugar da Armenteira, xunto ao aparcamento do Mosteiro de Santa María da Armenteira.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Máis información

Concello de Meis
Avda. Cambados, 67. O Mosteiro.
36637 Meis
Tel.: 986 712 001
www.meis.es

Deputación de Pontevedra
Pazo Deputación Provincial
Avda. Montero Ríos, s/n. 36071 Pontevedra
Tel.: 986 804 100
www.pousadas.depo.es

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

185-I Meaño.

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Gándara (Concello de Meis). UTM 29T X:519853 Y:4704686
Punto de partida: A Armenteira. UTM 29T X:521264 Y:47011349

Percorrido

A Armenteira, Río San Martiño, Muíño da Ponte, Igrexa de San Salvador de Meis, Igrexa de San Martiño de Meis, Lugar da Gándara.

Conexións

Cos PR-G 170 e PR-G 172.

Un plus

Conta a lenda que Ero, cabaleiro da corte de Alfonso VII e fundador por mandato divino do mosteiro da Armenteira durmiu un sono de 200 anos…

A historia fálanos dun mosteiro modesto cunha comunidade pouco numerosa dende o S. XII ata mediados do XIX, no que foi abandonado por causa da Desamortización de Mendizábal.

Hoxe levántase impoñente na ladeira da montaña, singularizado polo seu gran rosetón e próximo a un edificio de última xeración, o novo aloxamento pertencente á rede “Pousadas do Salnés”.

Servizos

Na Armenteira.

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 8 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 392 m.
Desnivel acumulado baixando: 384 m.
Desnivel acumulado subindo: 384 m.
Perfil de elevación do sendeiro

Dificultade

Media

Lonxitude

11.2

Duración

3

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Plano

Arriba