Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 166 ROTEIRO DAS FERVENZAS DE TOQUES&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 166 ROTEIRO DAS FERVENZAS DE TOQUES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170525000668/pr-g-166-roteiro-das-fervenzas-de-toques?langId=gl_ES
Toques é o municipio de Galicia con máis territorio dentro da Rede Natura 2000 e por iso creouse unha rede de sendeiros que percorre unha gran parte deste valioso espazo natural. O PR-G 166 conecta co PR-G 167 e o PR-G 168 permitindo combinar os percorridos.
A senda diríxese en dirección norte, paralela ao río Furelos, cara á Serra do Careón. Na primeira parte gozaremos un tramo chan, camiñando baixo a densa sombra dos castiñeiros chegaremos a Paradela e Eirixe. Neste tramo existe unha variante ao percorrido principal entre os lugares de Buxán e Paradela que nos levará por un contorno máis agreste. Ao chegar ao muíño da Fervenza, contemplaremos o fermoso espectáculo que forma a caída de auga de 20 m de altura e o antigo muíño.
A partir da fervenza comeza o tramo de montaña pola Serra do Careón onde divisaremos o val que forma o río Furelos e entraremos nun espazo natural único pola súa flora, no que existen plantas practicamente extinguidas a nivel estatal e outras endémicas desta zona.
Despois de alcanzar a aldea de Prados o camiño descende cara ao río Furelos de maneira que o trazado se pecha sobre si mesmo ata entroncar co tramo de ida. O sendeirista poderá ser recollido en Eirixe ou regresar ao punto de inicio pola variante PR-G 166.1.
SANTO ANTONIÑO DE TOQUES
Este templo románico, rodeado por unha fermosa fraga de carballos, é un dos mosteiros máis antigos de Galicia e a primeira proba da presencia beneditina nestas terras.
Presenta un exterior moi sobrio e un interior no que destaca un precioso calvario gótico de madeira policromada e pinturas renacentistas. Nos anos posteriores á Desamortización o templo funcionou como fábrica de cravos!
Concello de Toques
Tel.: 981 505 826
correo@toques.es
www.toques.es
J Taboada (Técnico homologador de sendeiros)
Tel.: 626 835 030
xullotaboada@hotmail.com
Sendeiros
Sendeiros
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.