SEMANA SANTA DE BETANZOS

Festas de interese turístico
1804
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 22/03 - 01/04

Descrición

A Semana Santa de Betanzos comeza o venres anterior ao Domingo de Ramos cunha misa na honra á Virxe das Dores. Desde este día ata o Martes Santo a música, especialmente no recoñecido Ciclo de Música Sacra, é a auténtica protagonista.  
O Domingo de Ramos pola tarde ten lugar a beizón dos Ramos e a procesión coa imaxe da Borriquiña, que é acompañada por numerosos betanceiros cos seus ramos e as súas palmas.
Na noite do Mércores Santo celébrase un sinxelo e emotivo viacrucis, polas rúas do centro histórico da cidade.
Nas seguintes procesións o canto e as bandas fanse presentes nas rúas empedradas do centro histórico.
O Xoves Santo, tras a celebración da Última Cea, co característico lavatorio de pés, ten lugar a procesión do Santo Encontro, na que se representa o encontro das diferentes imaxes da Paixón coa Virxe María.
A tarde do Venres Santo conmemórase a Morte de Xesús, a cal se escenifica na procesión do Santo Enterro. Xa pola noite, na procesión de dos Caladiños os betanceiros acompañan a Virxe na súa soidade.
Na tarde do Sábado Santo a procesión da Soidade, na que a imaxe de San Xoán acompaña a Virxe, representa a esperanza da resurrección, que se celebra de forma solemne pola noite na Vixilia Pascual.

Destacado: O Ciclo de Música Sacra. 

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba