CAPELA DOS DESAMPARADOS

Relixioso
737
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Leiro (Santa María)

Lugar: Brión

15928  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 38' 46.2" N - 8º 47' 44.9" W

Descrición

Esta capela de pequenas dimensións sitúase a carón do recinto do Pazo dos Torrado de Brión, do que formaba parte. Foi fundada por Diego Manuel Torrado no ano 1873, cando a súa coxeira lle impedía acudir á igrexa parroquial. A planta é rectangular con dúas entradas, unha delas dende o recinto do devandito pazo. Anos despois engadiríaselle nun lateral a sancristía. Os muros son de cachotería, agás a fachada principal, feita de cantería. O interior está cuberto cunha bóveda de canón rebaixada. Contén un pequeno coro de madeira ao que antigamente se accedía por unha escaleira exterior de pedra e na actualidade por unha escada interior de madeira. A cuberta é a dúas augas e na fachada principal atópase o escudo da familia dos Torrado. 

Acceso

Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a primeira saída pola estrada DP-3301 cara á parroquia de Leiro. Alí, á altura de Brión, colleremos o desvío á dereita que nos indica o Pazo dos Torrado e a Capela dos Desamparados, que atoparemos a 200 m. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba