CAPELA DO PAZO DOS CALOTE

Relixioso
476
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Araño (Santa Baia)

Lugar: A Capela

15984  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 41' 34.5" N - 8º 47' 42.2" W

Descrición

Capela de propiedade privada restaurada recentemente e que lle dá nome ao lugar da Capela, na parroquia do Araño. Atópase ao lado do Pazo dos Calote. Consta de nave con bóveda de canón de catro tramos e arcos de medio punto e sancristía lateral con bóveda de canón. Os muros presentan grandes contrafortes exteriores. A orixe remóntase probablemente ao século XVII, ao igual que o pazo. 

Acceso

Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a segunda saída pola estrada DP-3301 cara a Taragoña. Continuamos pola DP-7201 e na seguinte rotonda tomamos a primeira saída pola DP-7202. No lugar do Pazo colleremos un desvío á esquerda para seguir pola DP-7203, que nos leva a Taragoña. Alí viraremos á dereita pola AC-305 cara ao Araño. Xa na parroquia do Araño, á altura da Capela, viramos á esquerda (sinalización vertical de dirección á Igrexa do Araño, Hórreo do Araño, Pico Muralla, Traba, Vilar, Campelo, Cerqueiras…) e a uns 200 m viramos á dereita por unha calzada estreita. A uns 300 m chegamos a unha pequena praza no centro do lugar da Capela, e ao lado atopamos a igrexa, dentro do recinto do Pazo dos Calote. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba