IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN

Relixioso
394
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Arnado (San Clemente)

Lugar: Arnado

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 29.0" N - 7º 01' 47.3" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular integrada por dous corpos, o presbiterio máis elevado, na parte posterior, e a ábsida anterior, executada en cachotería, de pedra vermella. Presenta unha espadana na súa fronte con dous arcos de medio punto que aloxan senllas campás con machón arquitrabado no terzo superior e remate en frontón triangular con van en arco.
Dentro dos muros que delimitan a súa contorna atopamos o cruceiro do Adro.

A igrexa sitúase nunha contorna rural e, próxima a ela, no mesmo núcleo de Arnado, temos dous exemplos catalogados de arquitectura civil, o pazo de Arnado e a casa do Pazo, ademais da capela da Nosa Señora dos Remedios, edificio catalogado de arquitectura relixiosa.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola estrada a Arnado, pegada á beira do Sil, e cruzamos ao outro lado por unha ponte. Tomamos o desvío á esquerda e continuamos pola estrada que nos conduce ata o núcleo de Arnado. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba