PONTE PEDRIÑA

Civil
568
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Capela (Santa María)

Lugar: Os Curros

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 50.9" N - 7º 59' 07.4" W

Descrición

Ponte de pedra con bado, a lado, para paso de gando e carros. Dous piares de pedra de grandes dimensións. O andar é de lousas en tramo principal sobre os piares, e de pedras por encima do muro que se adentra abondo. Acédese por unha grandes pedras, ao lado do camiño, na liña da ponte, para cando o río vai con amplo caudal.

Acceso

Desde Santiago de Compostela collemos a estrada N-547 ata a localidade de Melide, na glorieta do pobo desviarémonos á esquerda pola estrada AC-840 en dirección Curtis/Betanzos durante cincocentos metros ata o seguinte cruce onde desviarémonos á dereita para desplazarse pola estrada DP–4604 pola Avenida Toques-Friol. Percorrer por esta estrada sete quilómetros e desviarse pola estrada DP-8002 A Capela/Sobrado, e por esa estrada tres quilómetros ata o lugar de Os Curros onde nos desviaremos á esquerda para coller unha pista de terra, pola cal, camiñando durante trecentos metros chegaremos ao destino.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!