O FARELO

Áreas de recreo e miradoiros
464

Localización

Antas de Ulla - Lugo

Coordenadas:
42º 45' 13.1" N - 7º 57' 05.6" W

Descrición

A Cima do Farelo con 952 metros serve de vértice entre Agolada e Antas de Ulla, sendo un punto de vixilancia histórico no tránsito entre as comarcas do Deza (Pontevedra) e A Ulloa (Lugo).

Á sombra da veciña serra do Faro, de maior sona e entidade xeográfica, O Farelo constitúe unha serra media dende a que contemplar as magníficas paisaxes agrarias e gandeiras do centro de Galicia, sempre salpicadas por frondosas fragas e o curso de ríos e regatos.

O Farelo ofrece a peculiaridade de poder contemplar as catro provincias galegas nunha soa vista de 360 grados: cara ao norte a serra do Careón (Melide) e mesmo a serra do Xistral (en días claros), cara ao leste os afastados Ancares lucenses, a contigua serra do Faro na parte sur e a serra do Candán pechando o Deza no oeste.
Arriba
Axúdanos a mellorar!