PAZO DE MONTESCLAROS

Civil
541

Localización

Parroquia: Vilaño (Santiago)

Lugar: Montes Claros

15145  A Laracha - A Coruña

Descrición

Conxunto arquitectónico de carácter rural. Formado por vivenda, capela, cabazo, alpendre, pombal e un muro de pedra que rodea o terreo. A vivenda é de planta rectangular disposta a dúas alturas e cuberta a dúas augas con tella curva e muros de cachotaría.
Na fachada principal destaca a profusión de ventás, dispostas simetricamente en torno a un eixe central marcado pola porta principal.
Fronte ao pazo hai un cruceiro.

Acceso

No núcleo de A Laracha collemos por rúa Sta. Lucía e Travesía de Bos Aires, tomar o primeiro desvío á dereita durante 1,5 km. (ao lado Castro de Montesclaros).
Arriba