CASA DE LEMOS

Civil
523
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Chantada (Santa Mariña)

27500  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 36' 28.4" N - 7º 46' 16.2" W

Descrición

Típica edificación do século XVI que conserva algunha parte do XV. En dous dos seus frontes leva soportais con cuberta de madeira e columnas de diversas formas e épocas. Ten cheminea saínte e o trazado e distribución das súas fiestras é moi interesante. No muro occidental conserva unha pedra de armas de partida. Outro escudete por riba dunha fiestra no mesmo muro. O interior está completamente arranxado, obra do arquitecto Manuel Gallego Jorreto no ano 90. Acolle, na actualidade, a Casa da Cultura, a Biblioteca Municipal “Xoán de Requeixo”, a Oficina de Turismo e a Oficina de Información Xuvenil. Dispón dun corredor adicado a Exposicións. Conserva un fermoso parladoiro no andar primeiro. Esta casa foi doada por don Faustino Fernández “Vilaseco” e a súa dona Mª Emilia Gómez, para Casa da Cultura.

Acceso

Sitúado no casco histórico da vila.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba