IGREXA PARROQUIAL DA VISITACIÓN

Relixioso
571
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Camposancos (Santa Isabel)

Lugar: O Outeiro

Praza da Igrexa

36788  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 53' 06.9" N - 8º 51' 48.0" W

Descrición

En 1798 o bispado de Tui autorizou a segregación de Camposancos da parroquia de Salcidos para constituírse na nova parroquia da Visitación. Sobre a ermida de San Mauro (San Amaro,) na Praza da Igrexa comeza a construírse, en 1816, o templo actual, finalizado a mediados do XIX. Diante da igrexa localízase o novo cruceiro coas imaxes de San Mauro e Santa Isabel. 

Acceso

É preciso coller o Paseo de Portugal e despois a estrada a Camposancos e por último a rúa Subida de San Amaro que leva directamente a praza da Igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Estilos

Neoclásico
Arriba
Axúdanos a mellorar!