IGREXA DE SAN MAMEDE DE XENDIVE

Relixioso
303

Localización

Parroquia: Xendive (San Mamede)

Lugar: Xendive

32514  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 28' 14.8" N - 8º 10' 03.7" W

Descrición

De orixe moi posiblemente románica, sufriu o longo da súa vida numerosas transformacións a última delas no 1819, cando o Mestre de Arquitectura José Nieto, fillo, desfixo primitiva portada da Igrexa, ampliando e abovedando a nave e  levantando unha sinxela e fermosa Torre.
O edificio depara un gran interese artístico na ala dereita do cruceiro, onde se conserva embutido no propio muro un relevo da derradeira Cea de Xesús cos Apóstolos, procedente posiblemente dun antigo baldaquino, posiblemente do mesmo taller cós baldaquinos de Xurenzás e de Loureiro, o Mestre de Ventosa.

Acceso

En Boborás, continuar por Rúa Cristóbal Colón e a altura da capela coller a dereita para incorporarte a OUR-CV 305. Aquí coller a dereita ata chegar o cruce, no que hai que coller de frente dirección Almuzara na OU-0414 ata recorrer 700 metros e chegar o cruce coa N-541. Na mesma coller a dereita, dirección a Pontevedra, e percorrer 4,6 km ata coller o cruce de Xendive na OU-164 e logo recorrer 350 metros e coller a dereita. En 750 metros xa se chega o núcleo no que está a Igrexa.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!