CERCA DA FAGUÍA DE CARNÉS

Etnográfico
4

Localización

Parroquia: Carnés (San Cristovo)

Lugar: Carnés

15121  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 51.0" N - 9º 06' 44.7" W

Descrición

A Cerca de Carnés é sen dúbida un dos recintos más singulares de Galicia. Construíuse en 1.833, para evitar que persoas non pertencentes a Confraría de San Cristovo se aproveitasen indebidamente da comida da Faguía, unha festa que se realiza desde hai máis de 400 anos o 9 de xullo. A solución foi construír un grande muro de pedra, a Cerca, cun único acceso para que por el puidesen entrar os confrades en fila e por orde de chamada. A obra fíxoa un tal Pedro Miñones, veciño de Carnés, por 4.699 reais e dotou ao local dunha caseta con forno para cocer pan e onde se realiza o curioso ritual de virar a tella para que non chova o día da festa.
Hoxe, a Cerca continúa a ser, despois de dous séculos, o lugar de celebración da Faguía, festa declarada de Interese Turístico de Galicia.

Acceso

Desde a capital municipal saír en dirección a Camariñas. Na Ponte do Porto xirar en dirección a Muxía e despois xirar en dirección a Carnés.
Arriba