CAPELA O SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS

Relixioso
4
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ribeira (Santa Uxía)

Lugar: Santa Uxía de Ribeira

Acceso Monumento 10

15960  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
45º 33' 11.1" N - 8º 59' 34.2" W

Descrición

Esta capela/monumento localízase na parte alta do centro urbano de Ribeira e está rodeada dunha zona axardinada. A construción é dos anos 60 do século pasado e dá nome á rúa na que se sitúa, rúa Monumento.
O inmoble está composto pola capela, que é a base da edificación; e unha torre dunha altura equivalente a catro pisos. Coroando esta torre hai unha estatua de pedra dunha altitude de 2,5 m que representa a un Cristo cos brazos estendidos. 
Coñecido como o monumento do Sagrado Corazón de Xesús, na base deste atópase a capela que alberga os restos de D. Juan Bautista Boo Romero, párroco da cidade no momento de edificar o monumento. 

Acceso

En coche: dende a Oficina municipal de información turística situada na avenida do Malecón, tomamos dirección Aguiño. A 50 m, na rotonda tomamos a 1ª saída pola avenida Romero Ortiz. A 400 m tomamos un desvío á dereita cara a rúa Valle Inclán. Percorremos os 300 m de rúa e ao chegar ao seu final, tomamos á esquerda na rúa Monumento. A capela atópase a menos de 30 m, á esquerda da estrada. 

A pé:  dende a Oficina municipal de información turística situada na avenida do Malecón, seguimos a rúa Diego Delicado, que nos conduce primeiro á praza de Vigo e seguidamente á praza da Porta do Sol, onde se sitúa a igrexa parroquial de Santa Uxía de Ribeira. Seguimos a beirarrúa que percorre polo lado esquerdo a igrexa e desembocamos na rúa Cristóbal Colón. Ascendemos á dereita e a 50 m atopamos o cruce coa rúa Monumento á esquerda. Seguimos ascendendo pola rúa Monumento aproximadamente 80 m e atopamos de fronte a capela/monumento.  

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba