IGREXA PARROQUIAL O BO PASTOR DE CASTIÑEIRAS

Relixioso
690
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Castiñeiras (O Bo Pastor)

Lugar: Castiñeiras

Rúa Alto do Rial s/n

15966  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 32' 03.1" N - 8º 59' 44.9" W

Descrición

A parroquia de Castiñeiras é a máis nova do Concello de Ribeira ( celebrou en 2018 os 50 anos de parroquia, segregada a finais de 1967 da parroquia de Carreira) e a súa Igrexa Parroquial é unha das máis recentes (data de 1983, acaba de cumprir 35 anos). Consagrada ao Bo Pastor, que se celebra o cuarto Domingo de Pascua, o templo, deseñado por José A. Franco Taboada presenta unha estrutura funcional e ecléctica, con planta oval e na que salientan un retablo con un Cristo, realizado por Alfredo Santiago, ademais das imaxes do Bo Pastor, a Virxe do Carme e a do Rosario.

Acceso

Dende Santa Uxía de Ribeira, collemos dirección Rúa Monumento cara aldea de Fafián ata o desvío cara a esquerda para tomar a DP-7305, que seguimos ata desvío a esquerda do lugar de Laxes, collendo logo cara Rúa Garita e continuando ata o Alto do Rial. Despois xirando a esquerda chegamos a Igrexa Parroquial do Bo Pastor de Castiñeiras.
Outra opción saíndo dende Santa Uxía de Ribeira sería pola estrada da costa, DP-7307 en dirección Castiñeiras e coller o desvío cara o Alto do Rial, á dereita desta estrada, onde se atopa a Igrexa Parroquial.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!