IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE MEIRAOS

Relixioso
506

Localización

Parroquia: Meiraos (Santa María)

Lugar: Meiraos

27324  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 27.0" N - 7º 09' 34.8" W

Descrición

Unha nave no lateral norte fai de pórtico de acceso ao templo. A porta exterior rematada en arco de medio punto está protexida por un pórtico con dúas columnas monolíticas de pedra. Presenta unha alta torre de planta cadrada que alberga as campás e permite o paso inferior. No interior conserva un retablo no que destacan os relevos duns músicos portando tambor, zanfona e gaita. Debaixo do coro atópase o osario, onde se depositaban os restos mortais recuperados do cemiterio.

Acceso

Dende Seoane, saíndo cara ao Cebreiro, coller á esquerda pola LU-P-5601. A 4 km chegamos a Meiraos, pasamos o núcleo e a 1 km atopamos a igrexa na marxe dereita da estrada.
Arriba