CRUCEIRO DE SANTA MARÍA DE ORDES

Etnográfico
410
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Ordes (Santa María)

Lugar: Ordes

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 57' 26.3" N - 7º 59' 28.2" W

Descrición

Cruceiro sobre cinco chanzos de sección cadrada, sendo o primeiro de aresta recta e o resto con mamperlán. Base troncopiramidal con adorno de caras nas arestas. Fuste estriado en dous tramos, nun primeiro tramo que ocupa un pouco menos da metade do mesmo, o inferior, de arestas vivas e acanalado no superior, con imaxe de santo e remate en capitel floral e cruz latina de sección rectangular con sendas imaxes de Virxe e Cristo.

Acceso

Pola estrada DP–4604 pola Avenida Toques-Friol. Percorrer por esta estrada cinco quilómetros e desviarse á esquerda (seguindo a indicación do letreiro) por vía municipal e percorrer aproximadamente medio quilómetro ata chegar ao Campo da festa onde se atopa o Cruceiro e a Igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!