COMPOSTELA CAMPERS

Axencias de viaxes
649
No Camiño de Santiago

Descrición

Axencia de viaxes en liña, con sede en Santiago de Compostela, COMPOSTELA CAMPERS, é unha compañía de servizos turísticos especializada en experiencias vacacionais en autocaravas e campers de alta gama totalmente equipadas.

Poñemos ao dispor dos nosos clientes unha frota de vehículos únicos en Galicia, manexables, con todo luxo de detalles e extras, onde transporte e aloxamento forman un todo.

Os nosos clientes poden elixir entre:

• Viaxar libremente alugando o vehículo elixido

• Escoller un dos nosos paquetes turísticos únicos en Galicia onde ofertamos experiencias de viaxe en autocaravas e campers con actividades de turismo activo, cultura, enoturismo, Xacobeo…


Os nosos circuítos e vehículos adáptanse a todas as modalidades de viaxe:

• Familias

• Parellas

• Amigos

• Con mascota...


Todos os nosos vehículos contan con: Baño completo con ducha e aseo | Cociña con neveira e enxoval | Calefacción e a/ c | Roupa de cama | Mesa de estar interior | Mosquiteras Toldo e unha gran oferta de extras.


Ademais, contamos cun sistema de limpeza e desinfección sostible que garante unha experiencia de viaxe segura.


¡A túa aventura empeza a bordo de Compostela Campers!


Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Clasificación

Grupo: Maiorista-Retallista
Tipo axencia: Casa matriz
Modalidade: Axencia de viaxes on line
Arriba