CAPELA DE SORDOS

Relixioso
295

Localización

Parroquia: Bande (San Pedro)

Lugar: Sordos

32840  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 00' 21.0" N - 7º 57' 54.9" W

Descrición

Capela de planta rectangular e muros de grandes perpiaños de pedra. Porta central en madeira e vans rectangulares a ambos lados . Atrio cuberto con banco e mesado en pedra. Cuberta do atrio a tres augas e a dúas a da capela en tella, con espadana sinxela dun solo arco e remate en cruz de pedra.

Acceso

A 3,2 km de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. No km. 1,8 desviarse á man esquerda cara a OU-1201. Continuar recto durante 1,3 km. Desviarse á dereita. Seguir recto ata chegar ao recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!