CASTELO DE VALGARREIRO

Civil
151

Localización

Parroquia: San Clodio (Santa María)

Lugar: San Clodio

32428  Leiro - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 01.4" N - 8º 07' 02.7" W

Descrición

O conxunto, dos séculos XVI-XVII, está formado por un pazo-fortaleza e as totalidades das súas construcións anexas e muros de peche, o camiño murado de acceso é un ámbito de emprazamento conformado por grandes bolos de granito, no que existen restos de muros e antigas construcións.
O pazo-fortaleza aglutina varias construcións (vivendas, adega, lagar, cortes, alpendres...), entre as que cabe destacar unha pequena torre defensiva. Ao recinto accedese a través dun portalón de entrada coroado polo escudo de armas, ao que se chega tras percorrer un tramo de camiño antigo conformado por valados de perpiaño de granito, parcialmente empedrado.
As construcións posúen muros portantes de cadeirado de granito con planta rectangular e vans alintelados. A edificación principal conserva unha abellariza e restos de piares e canzorros na fachada leste.
Cabe salientar a importancia que tivo no seu día a actividade vitivinícola, como así o demostran restos de lagares e adegas.
Na actualidade atópase en estado ruinoso tras ser obxecto de expolios e derrubes.

Acceso

Saír do pobo de Leiro e coller a estrada OU-504 a man dereita e despois incorporarse á esquerda por a estrada OU-CV 408 ata chegar o pobo de San Clodio.
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!