IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE LANTAÑO

Relixioso
736
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lantaño (San Pedro)

Lugar: Baceiro

36657  Portas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 34' 02.8" N - 8º 40' 54.9" W

Descrición

Igrexa Barroca dedicada a San Pedro e construída sobre outra primitiva da que se conserva o que hoxe é a capela lateral esquerda, cuberta cunha fermosa bóveda de cruzaría de estilo renacentista de finais do S. XVI. Nun altar situado na parte dereita da capela está a imaxe de Santa Cecilia, patroa dos músicos e comprada polos compoñentes da banda de música "Unión de Lantaño", unha das agrupacións musicais máis antigas de Galicia.

Acceso

A igrexa parroquial de San Pedro de Lantaño queda a 6 minutos en coche dende o núcleo municipal para chegar a ela tense que coller á estrada EP-0507 cara á esquerda. No cruce coa estrada EP-8004 xírase á esquerda e condúcese uns 2 quilómetros e medio. A man esquerda haberá un camiño  coa indicación da igrexa e o destino estará a uns 500 metros, á esquerda.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Estilos

Renacentista
Barroco
Arriba